Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 11/05/2024 | Actualizada ás 13:09
O BNG rexistrou diferentes iniciativas nas Cortes Xerais para demandar ao Goberno "actuacións inmediatas" na N-541 ao seu paso polos concellos de Ourense reclamando medidas que permitan eliminar a esta vía das listaxes de estradas máis perigosas. Por iso, Carme da Silva e Néstor Rego urxiron unha mellora integral e reducir o volume de tráfico que presenta esta estrada e, paralelamente, preguntaron sobre a disposición do Goberno de construír unha vía alternativa que permita retirar o tránsito dos principais núcleos de poboación polos que discorre.
Así o informou o BNG nun comunicado e detallou que a estrada que comunica Ourense con Pontevedra, a N-541, aparece en diferentes informes de RACE e da Asociación Europea de Automobilistas como unha das máis perigosas do Estado. "Hai que lembrar que no acordo de investidura conseguido polo BNG contémplanse unha serie de actuacións para a mellora integral de estradas de titularidade estatal entre as que se atopa a N-541 polo que entendemos que o Mitma debe impulsar actuacións necesarias para, ademais de cumprir o acordo, se mellore a seguridade viaria da estrada", destacou o deputado do BNG no Congreso. Paralelamente, e co obxectivo de reducir o elevado volume de tráfico que pasa por esa vía, o BNG defendeu avanzar cara á construción dunha estrada alternativa á N-541.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.