Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2024 | Actualizada ás 11:42
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, denunciou o "atraso" do Goberno para establecer o mecanismo que permitiría que os tripulantes embarcados en alto mar poidan votar nas próximas eleccións europeas.
Segundo explican nun comunicado, demandan implantar o voto telemático ou electrónico, tal e como quedou incorporado na Lei de Pesca Sustentábel "grazas a unha emenda do BNG, para garantir que os mariñeiros poidan exercer o seu dereito a voto".
Lembran que durante o debate e votación da Lei de Pesca Sustentábel e Investigación Pesqueira aprobada na pasada lexislatura, o BNG "conseguiu incorporar unha emenda que permitiría garantir o dereito a voto dos tripulantes embarcados en altura e gran altura". Apuntan que o que buscaban era "acabar cunha discriminación histórica que sufría o sector".
A lei publicouse no Boletín Oficial do Estado (BOE) o pasado marzo, pero coa disolución das Cortes do Estado, a celebración das eleccións xerais de xullo e a conformación do novo Goberno, entenderon que para os primeiros comicios posteriores, o mecanismo aínda non se estableceu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.