Condenan a 11 anos de prisión a un home que admitiu ter violado á filla menor da súa parella tras ameazala

"En varias ocasións a menor manifestoulle a súa negativa a manter relacións sexuais con el, dobregando a súa vontade e a súa negativa a manter relacións sexuais dicíndolle, entre outras expresións, que se non accedía deixaría á súa nai e botaríaas de casa", indica o tribunal na sentenza.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2024 | Actualizada ás 16:18

Comparte esta noticia

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a once anos de cárcere a un home que admitiu ter agredido sexualmente de forma reiterada á filla menor da súa parella, desde que contaba con 15 anos. O procesado, segundo consta na sentenza, era parella da nai da vítima, "exercendo un rol similar ao paterno sobre a menor", circunstancia da que se aproveitou, segundo o fallo, do mesmo xeito que da idade da nena.

Exterior da Audiencia Provincial da Coruña
Exterior da Audiencia Provincial da Coruña | Fonte: Arquivo

O procesado, segundo consta na sentenza, declarouse culpable unha vez que se lle informou sobre o feitos obxecto de acusación. "En varias ocasións a menor manifestoulle a súa negativa a manter relacións sexuais con el, dobregando a súa vontade e a súa negativa a manter relacións sexuais dicíndolle, entre outras expresións, que se non accedía deixaría á súa nai e botaríaas de casa", indica o tribunal na sentenza.

Ademais da pena de prisión, o tribunal impúxolle a prohibición de aproximarse a menos de 500 metros da menor, ao seu domicilio ou a calquera lugar onde se atope, así como de comunicarse con ela por calquera medio ou procedemento durante 18 anos. Os maxistrados tamén o inhabilitaron durante dez anos para o exercicio dos dereitos de patria potestade, tutela, curatela, garda ou acollemento e para exercer calquera profesión ou oficio ou actividades, sexan ou non retribuídos, que leven contacto regular e directo con menores de idade. Así mesmo, impuxéronlle dez anos de liberdade vixiada e o pago dunha indemnización á vítima de 15.000 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta