Cortan o teito do coche para poder excarcerar a unha muller que envorcou en Trabada

O suceso tivo lugar na LU-6103, ao seu paso pola parroquia da Fórnea.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 01/06/2024 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

Unha muller tivo que ser excarcerada tras envorcar co seu vehículo na LU-6103, ao seu paso polo concello lucense de Trabada, na parroquia da Fórnea. Segundo informou o 112, o suceso produciuse ás 09.00 horas deste sábado e foi un particular o que deu a voz de alarma. Ata o punto desprazáronse os Bombeiros de Barreiros que, para poder realizar os labores de excarceración, cortaron o teito do vehículo. No operativo tamén participaron Urxencias Santiarias de Galicia-061, a Garda Civil e os membros do GES da Pontenova.

112
112 | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta