O incendio de Trabada foi o máis importante rexistrado en Galicia o ano pasado, afectou a 2.329 hectáreas e obrigou a activar o nivel 2 do Plan Especial de Protección Civil ante Emerxencias por Incendios Forestais. Desaloxáronse 7 aldeas e tiveron que cortarse varias estradas, entre elas a A-8, e a alerta estendeuse ao termo municipal de Ribadeo.
A investigación policial deu como resultado a identificación do turismo en Asturias, levando instaladas as lamias e os pneumáticos, supostamente subtraídos no despezamento de Barreiros.
Extinguido o incendio forestal de San Cristovo de Cea e controlado o de San Cibrao.
  comenta   0
O traballador prexudicado atopábase soldando os ferros metálicos que compoñen a coitela bulldozer dunha procesadora forestal cando o brazo de dita procesadora escorregou do ferro provocando o envorco da coitela, que terminou por atrapar e esmagar ao empregado "un pouco máis abaixo da cadeira".
Nun comunicado, o Concello de Barreiros explica que este proxecto tamén afecta a actividades existentes na zona como gandeiras ou o Camiño de Santiago
O parque de Vilalba conta cun persoal de 20 efectivos dos cales a metade colleron a baixa e outros catro da bolsa de suplentes xa renunciaron. Esta "grave situación", denuncia a Deputación de Lugo, demostra que hai unha "estratexia orquestrada" por parte dos bombeiros "para non cumprir coas súas obrigacións".
O Comité de Folga dos Bombeiros Comarcais acusa o Consorcio de Bombeiros de Lugo de pór en risco a seguridade da cidadanía de Vilalba e contorna ao decidir pechar o parque comarcal desta localidade e recolocar aos seus efectivos no Parque de Barreiros.
Segundo a Garda Civil, a muller presuntamente non prestou asistencia veterinaria a un can que estivo varios días cunha pata traseira fracturada.
O home faleceu tras ser rescatado da auga e, aínda que se lle practicaron manobras de primeiros auxilios, nada se puido facer pola súa vida.
Os 26 concellos recoñecidos co diploma de ouro de 'Praias sen fume' son: Bergondo, Boiro, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Cedeira, Corcubión, Dumbría, Laxe, Mañón, Noia, Oleiros, Ponteceso, Pontedeume, Rianxo, Valdoviño, Cervo, Barreiros, A Guarda, Baiona, Cerdedo-Cotobade, Ponteareas, Ponte Caldelas, Redondela, Sanxenxo, Tui e Vilaboa.
  comenta   0
Ana Ermida fai fincapé na necesidade de “colaboración e a lealdade institucional que deben rexer o funcionamento das Administracións e ao papel xogado pola administración autonómica en relación aos servizos neste municipio”.
A escaseza real nas reservas de auga aínda non fixo acto de presenza en Galicia, pero si a situación de seca prolongada nalgunhas áreas do norte da comunidade, nas que xa se activaron medidas de aforro e restrición nos usos da auga para evitar avanzar apresuradamente a outros escenarios.
  comenta   0
Ademais enfrontase a cargos por tenencia ilícita de armas e depósito de armamento ao descubrir que tiña 13 armas longas.
O pintor lucense Isidro Alvariño Martínez faleceu este venres e para este sábado fixouse a súa cremación cunha posterior misa na máis estrita intimidade na igrexa parroquial de Santiago de Reinante.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, desprazouse até o Concello de Barreiros onde realizou unha intervención coa que puxo en valor o traballo da candidata á alcaldía Ana Ermida, que conta con revalidar o seu posto de alcaldesa.
A xestión de emerxencias galegas: case 70 servizos profesionais, 234 grupos de Protección Civil e reténs de garda.
  comenta   0