Falece un home en Barreiros mentres xogaba un partido de fútbol de veteranos

As primeiras hipótese apuntan a que a causa da morte podería ser unha parada cardiorrespiratoria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2024 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

Un home faleceu no municipio lucense de Barreiros mentres xogaba un partido de veteranos. As primeiras hipóteses apuntan a que a causa da morte podería ser unha parada cardiorrespiratoria.

O suceso produciuse sobre as 13.10 horas deste domingo no campo das Vallas, en San Miguel de Reinante, cando disputaban un partido en homenaxe a un xogador do equipo Iberia C.F.

Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que realizaron manobras de reanimación, pero nada puideron facer por salvarlle a vida.

En redes sociais, o Iberia C.F expresou a "dor e pesar" que comparte todo o pobo polo sucedido. "Non hai palabras para expresalo. Toda a nosa forza para a familia e amizades. Vivirás sempre en nós, nunca che esquecerémos", publicou o club.

Urxencias sanitarias de Galicia
Urxencias sanitarias de Galicia | Fonte: 061

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta