Mobilización este sábado en Pontevedra para protestar pola ameaza dos eólicos á "vida rural"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2024 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

O Colectivo do Vento convocou unha "camiñada reivindicativa" este sábado, día 8, no interior de Pontevedra para protestar polo anuncio do Estado de dous novos proxectos de parques eólicos na provincia que "ameazan a súa forma de vida rural".

Nun comunicado, explica que os complexos eólicos anunciados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico afectarían os concellos da Estrada, Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade.

Os novos parques, denominados Xubrintas e Alamoceiros, "constarían entre ambos de 33 aeroxeradores e unha potencia de máis de 130 MW", apunta, así como de "varias subestacións eléctricas para evacuar a enerxía eólica ademais de quilómetros de viarios e liñas de alta tensión".

A mobilización comezará ás 09,30 horas na parroquia estradense de Sabucedo, aldea epicentro de 'A Rapa das Bestas', Festa de Interese Turístico Internacional, e terminará no monte O Péon, onde se xuntan os cabalos salvaxes antes e despois do citado evento, informa a organización.

Poldros e cabalos no monte O Peón. LEONISA
Poldros e cabalos no monte O Peón. LEONISA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta