Convocada unha marcha contra ENCE e Altri para o 16 de xuño en Pontevedra e Marín

A Asociación pola defensa da ría de Pontevedra (APDR) deixaron claro que a asociación e os veciños da comarca "non renuncian" a un futuro sen ENCE na ría e defenden a "re-naturalización da zona" que ocupa a fábrica de pasta de papel

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 06/06/2024 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

A Asociación pola defensa da ría de Pontevedra (APDR) convocou para o domingo 16 de xuño unha nova marcha contra as celulosas para reivindicar a "saída" de ENCE da ría e que "non se instale" a fábrica de Altri en Palas de Rei.

Así, segundo informou a asociación, a manifestación, baixo a lema 'Nin ENCE na ría, nin Altri na Ulloa', sairá ás 12,00 horas das alamedas de Pontevedra e de Marín.

Membros da xunta directiva de APDR deixaron claro que a asociación e os veciños da comarca "non renuncian" a un futuro sen ENCE na ría e defenden a "re-naturalización da zona" que ocupa a fábrica de pasta de papel.

Neste sentido, avanzaron que o vindeiro mércores ás 19,30 horas convocan unha charla-debate no edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

Alí, presentarán un proxecto de futuro para esa zona, realizable e que abre "novas vías á ilusión e á esperanza" de ter unha ría "libre de contaminación" e un futuro social e ambientalmente "máis xusto e sustentable".

Planta de biomasa de Ence
Planta de biomasa de Ence | Fonte: Ence - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta