Este venres é o último día para solicitar as axudas para a creación de 'casas niño' en Galicia

Galicia conta nestes momentos cun centenar de casas niño en funcionamento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2024 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, lembrou que este venres é o último día para solicitar a orde de axudas para a creación de novas 'casas niño' por toda Galicia. Así o fixo este xoves na visita á casa niño situada no concello das Somozas e lembrou que a Xunta destina 806.200 euros a esta convocatoria que permitirá a posta en funcionamento de oito casas niño, 40 novas prazas 100 % gratuítas para nenos de 0 a 3 anos que viven en núcleos de poboación sen escola infantil.

Galicia conta nestes momentos cun centenar de casas niño en funcionamento, o que demostra a boa acollida destes servizos desde a súa posta en marcha en 2016. Esta convocatoria presenta como novidade o establecemento dunha axuda complementaria de 150 euros semanais durante o período que dure a baixa de maternidade ou paternidade da persoa encargada do servizo.

Casa niño Os Paxariños
Casa niño Os Paxariños | Fonte: Xunta - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta