Unha muller resulta ferida ao saírse da vía e envorcar o seu coche en Val do Dubra

O accidente tivo lugar ás 14,22 horas á altura do quilómetro 10

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2024 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

Unha muller, duns 70 anos de idade, resultou ferida ao saírse da vía e envorcar o vehículo que conducía en DP-0701, ao seu paso polo municipio coruñés de Val do Dubra.

Segundo informaron fontes do operativo, o accidente tivo lugar ás 14,22 horas á altura do quilómetro 10 desta estrada que une as localidades de Santiago e Carballo.

Debido ao accidente, o automóbil estaba envorcado e compleamente sobre a cuneta anexa á vía. Despois dunha inspección incial, procedeuse á liberación do vehículo da persoa atrapada, que foi evacuada ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Ao lugar tamén acudiu a Garda Civil de Santiago, os servizos de Urxencia Médicos e efectivos de Protección Civil de Val do Dubra.

Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia
Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia | Fonte: URXENCIAS SANITARIAS-061 - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta