Unha choque múltiple entre dous coches e un camión deixa unha persoa ferida en Arzúa

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2024 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

Unha colisión entre dous coches e un camión na localidade coruñesa de Arzúa saldouse este venres cunha persoa ferida, que tivo que ser liberada do vehículo e trasladada ao hospital. Segundo a información do 112-Galicia, o suceso tivo lugar ás 9,00 horas no quilómetro 55 da N-547, ao seu paso pola parroquia de Boente.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Arzúa, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros encargáronse de liberar á persoa atrapada, única ocupante dun dos turismos, que foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

ACCIDENTE NA POBRA

Tamén unha persoa resultou ferida a última hora deste xoves nun accidente de tráfico na AG-11, ao seu paso pola Pobra do Caramiñal.

Accidente
Accidente | Fonte: GARDA CIVIL DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta