O tomiñés Manu Ochoa competirá nos Xogos Olímpicos en caiac cross

Ochoa acadou a medalla de ouro na Copa do Mundo de Caiac Cross a pasada semana en Praga.

Por Galicia Confidencial | Tomiño | 17/06/2024 | Actualizada ás 16:52

Comparte esta noticia

O deportista tomiñés Manu Ochoa acaba de ser elixido pola Comisión Técnica da Real Federación Española de Piragüismo (RFEP) para representar a España nos próximos Xogos Olímpicos de París 2024 na modalidade de caiac cross

O tomiñés Manu Ochoa participa nos Xogos Olímpicos na modaidade de caiac cross
O tomiñés Manu Ochoa participa nos Xogos Olímpicos na modaidade de caiac cross | Fonte: Concello de Tomiño

Manu Ochoa deu un paso adiante para conseguir a súa participación tras a súa brillante vitoria na segunda Copa do Mundo de Caiac Cross celebrada a pasada semana en Praga, na que o tomiñés gañaba a primeira medalla de ouro para España nesta nova modalidade e conseguía  unha praza olímpica para o combinado estatal.

Tras os bos resultados obtidos esta fin de semana na 3º Copa do Mundo de Caiac Cross en Cracovia a Real Federación Española de Piragüismo otorgou a Manu Ochoa a quinta e última praza dispoñible para participar nas Olimpiadas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta