Seis mozos, da Coruña, Lugo, Santiago, Cambre e Castrelo de Miño, premiados pola RAG e PuntoGal

Nas categorías infantil e xuvenil.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2024 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

Seis mozos, da Coruña, Lugo, Santiago de Compostela, Cambre e Castrelo de Miño, gañaron o VII Concurso de Microrrelatos da Real Academia Galega (RAG) e PuntoGal nas categorías infantil e xuvenil.

Segundo informa a institución académica, o coruñés Jacobo Pérez Criado (2007) fíxose co primeiro premio de modalidade xuvenil, mentres que Mencía Ferreira García, de Lugo e nacida o mesmo ano, foi recoñecida co segundo premio. O terceiro foi para Carla Coucheiro Rodríguez (2009), valenciana e veciña de Santiago de Compostela.

Na categoría infantil o primeiro premio foi para Martina Boo Álvarez (Cambre, 2012) e o segundo para Mariña Abolo Aneiros (Santiago de Compostela, 2012). O terceiro recaeu en Xoel Villar Castro (2014), de Castrelo de Miño.

O xurado elixiu, ademais, como finalistas relatos de Paula García Villar (Lestedo, 2008), do veciño de Tomiño Brais González Vázquez (2007), do compostelán Pedro Novais Méndez (2012) e outro conto de de Mariña Abolo Aneiros.

A RAG e PuntoGal anunciarán nos próximos días cales son as tres historias gañadoras na modalidade de persoas adultas e publicarán nunha edición dixital todas as premiadas. Os contos galardoados poderanse ler, ademais, na revista Luzes, colaboradora nesta iniciativa. A entrega dos premios será no verán na Coruña, nun acto aberto ao público.

Recurso escritura
Recurso escritura | Fonte: Med Badr Chemmaoui

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta