Publicado o concurso de traslados para a provisión de prazas básicas estatutarias en Atención Primaria

Tamén o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou as puntuacións provisionais da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermaría

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2024 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a convocatoria do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario da categoría de facultativo especialista de Atención Primaria, na que poderán participar os profesionais que se incorporaron nesta categoría no primeiro proceso convocado en 2022.

Oposicións en Silleda
Oposicións en Silleda | Fonte: XUNTA

Segundo explicou a Xunta, unha vez transcorrido o período dun ano desde a primeira toma de posesión dos facultativos especialistas en atención primaria, convocan o concurso de traslados aberto e permanente para a previsión de prazas básicas desta categoría, para facer efectivo o dereito á mobilidade voluntaria do persoal estatutario fixo, favorecer á conciliación da vida laboral e familiar e ademais alcanzar un mellor desenvolvemento profesional.

Esta convocatoria manterá a súa vixencia no tempo, cunha oferta de prazas e adxudicación de destinos que terá unha periodicidade mínima anual.

A solicitude de participación no concurso deberá realizarse mediante a Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos), dirixirse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e deberá presentarse por rexistro electrónico.

As persoas interesadas poderán presentar a solicitude de participación en calquera momento, sen suxeición a prazo, a partir deste xoves.

PUNTUACIÓNS PROVISIONAIS ENFERMARÍA

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou as puntuacións provisionais da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermaría.

Tal e como detallou a Xunta, ofértanse un total de 1.556 prazas, das cales 1.135 corresponden á quenda de acceso libre, 332 ao de promoción interna e 89 á quenda de discapacidade xeral.

Ademais, o goberno autonómico puntualizou que as prazas non cubertas mediante as quendas de promoción interna e de discapacidade xeral, acumulásense á quenda libre.

No concurso de méritos desta categoría, resolto no mes de novembro de 2023, cubriron 459 prazas, que sumadas ás 1.556 prazas ofertas no concurso oposición fan un total de 2.015 novas prazas de persoal de enfermaría que se estabilizan no sistema público de saúde de Galicia.

As puntuacións provisionais da fase de concurso obtidas polos aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo están publicadas na páxina web do Sergas.

Contra os resultados das puntuacións provisionais, os aspirantes poderán presentar reclamación ante o respectivo tribunal de selección desde o 20 de xuño ao 2 de xullo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta