Luís Menor, proclamado único candidato á presidencia do Partido Popular de Ourense

O actual líder da xestora en Ourense, Luís Menor, enxalzaba onte que a vitoria nas urnas, así como a resposta dos populares ourensáns ás súas propostas, foron "unha motivación extra para dar o paso" e presentarse á presidencia dun partido no que "se ve ilusión, dose de entusiasmo e ganas de colaboración e traballo".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 21/06/2024 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

A comisión organizadora do décimo noveno Congreso Provincial extraordinario do Partido Popular de Ourense acordou, por unanimidade, proclamar a Luís Menor como único candidato á presidencia do Partido Popular de Ourense. Este xoves ás 14.00 horas pechábase o prazo para presentar precandidaturas e Menor era o único candidato tras presentar 1.583 avais.

Agora, segundo o establecido no artigo 20 do regulamento do conclave, a comisión comprobou que o precandidato "reúne os apoios estatuarios e reglamentariamente necesarios". Entre estes requirimentos figura conseguir un mínimo de 75 avais entre os afiliados, estar adherido ao partido desde hai máis de doce meses e estar ao corrente do pago das cotas.

O acordo da comisión organizadora supón que non se convocarán asembleas de votacións de precandidatos entre os afiliados inscritos. O actual líder da xestora en Ourense, Luís Menor, enxalzaba onte que a vitoria nas urnas, así como a resposta dos populares ourensáns ás súas propostas, foron "unha motivación extra para dar o paso" e presentarse á presidencia dun partido no que "se ve ilusión, dose de entusiasmo e ganas de colaboración e traballo".

Tamén subliñaba a transcendencia da súa proclamación interna porque lle dará "lexitimidade". Nesta liña expuña que "a lexitimidade orgánica tense a través do Congreso" e que "unha persoa que vai a un congreso e sae elixido, se todo salgue como parece, por practicamente consenso, ten máis forza que unha persoa que é designada por unha xestora". "É obvio", remarcaba. Na reunión da comisión tamén se convocou a campaña electoral interna para a elección do presidente do PP de Ourense, período que principia mañá e termina o próximo 3 de xullo.

Luís Menor durante unha entrevista con Europa Press, na Deputación de Ourense, a 21 de marzo de 2024
Luís Menor durante unha entrevista con Europa Press, na Deputación de Ourense, a 21 de marzo de 2024 | Fonte: Rosa Veiga - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta