Por Ángela Precedo | SANTIAGO | 02/07/2024 | Actualizada ás 14:00
Calquera empresa, por moi grande e exitosa que sexa, pode sufrir un revés que a obrigue a pechar as súas portas. E iso foi o que lle aconteceu á madeireira Fraiz S.A. Constituída no 1974, chegou a ser nos anos 80 o serradoiro de madeira coa maior cota de mercado de Galicia. Manuel Jesús e José Fraiz Saa, dous irmáns naturais de Silleda pero que de moi pequenos se trasladaron cos seus pais a Padrón, fundaron esta empresa, máis coñecida popularmente como Fraisa.
A familia sempre se adicara ao sector da madeira, o seu pai fabricaba a parte inferior dos zocos e, coa chegada dos dous irmáns, diversificaron a produción a áreas como travesas de ferrocarril e doias de barrís para exportar o máis delicado viño. Pero o gran despegue de Fraisa chegou coa fabricación de parquet, sendo o de carballo o máis popular, moi codiciado nos mercados europeos. No 2014 declarouse en concurso de acredores e actualmente a sociedade está extinta.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- CCOO acusa á patronal hoteleira de "bloquear" o convenio para hostalaría
- UUAA reclama que agricultores e gandeiros estean presentes nas reunións autonómicas sobre aranceis
- 40 afectados polas expropiacións do PTL de Vigo teñen que ser notificados en persoa
- O sector servizos e a industria soben en Galicia en febreiro, antes do órdago de Trump
- A FEGAMP sinala que axuda no fogar costa 20 euros por hora e 12 son da Xunta e o Goberno central
- O mal tempo fai baixar as reservas para Semana Santa aínda que soben en destinos como Ferrol ou Viveiro