Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2024 | Actualizada ás 13:37
Un home tivo que se trasladado en helicóptero por unha picadura de avespa en San Cristovo de Cea. Non tiña constancia de que fose alérxico. Segundo informou o 112, os feitos producíronse minutos despois das 12.00 horas deste sábado cando a parella do home deu a voz de alarma e explicou que estaba mareado.
A central de emerxencias avisou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Ourense e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de San Cristovo de Cea.
Os profesionais sanitarios mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense e o home foi trasladado ao CHUO.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.