A Xunta únese á estratexia do PP e anuncia un recurso contra a lei de amnistía: "sobran os motivos"

A asesoría xurídica do Goberno galego, da man da recentemente creada Dirección Xeral de Asuntos Constitucionais, elaborou un informe que remitirá ao Consello Consultivo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2024 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

A asesoría xurídica da Xunta elaborou unha argumentación que foi remitida ao Consello Consultivo para solicitar ao órgano de asesoramento do Goberno galego que se pronuncie sobre a posibilidade de presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a lei de amnistía.

"Sobran os motivos para que Galicia actúe en defensa do estado de dereito", aseverou o presidente galego, Alfonso Rueda, na comparecencia ante os medios tras a celebración do Consello da Xunta deste luns, que deu luz verde á remisión desta petición ao Consultivo para que emita un ditame sobre este paso.

Segundo expuxo o mandatario e líder do PP galego, a Xunta entende que a "xurisprudencia" ampara que as comunidades autónomas recorran ante o Constitucional nos que casos en que interpreten que unha normativa "menoscaba" as súas competencias ou altera a "orde xurídica".

E así o considera a asesoría xurídica do Goberno galego que, da man da recentemente creada Dirección Xeral de Asuntos Constitucionais, elaborou un informe no que expón que a lei de amnistía aprobada no Estado é, para a Xunta, contraria ao artigo da Constitución que determina que todos os españois son iguais ante a lei e "vulnera" o principio de separación de poderes.

Ademais, en palabras de Alfonso Rueda, tamén entende que o "obxecto de aplicación" da lei "é demasiado amplo e indeterminado" polo que aumentará a "inseguridade xurídica". Por todo iso, o presidente da Xunta incidiu en que "sobran os motivos" para levar ante o Constitucional a lei de amnistía en aras de actuar "en defensa do Estado de Dereito".

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na reunión do Consello da Xunta
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na reunión do Consello da Xunta | Fonte: DAVID CABEZON

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta