Atopan ao camioneiro que atropelou mortalmente a un peón en San Cibrao das Viñas

A Garda Civil non descarta que o conductor non se dera conta do suceso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2024 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Ourense investiga as causas e o ocorrido en torno ao atropelo mortal que tivo lugar este venres no municipio ourensán de San Cibrao das Viñas. Non descartan que o camioneiro non se decatase do suceso.

Segundo informan, o responsable xa foi localizado pero aínda non se lle imputou delito. Continúan coa investigación xa que é posible que non se dese conta do golpe, ocorrido nunha manobra marcha atrás. A vítima é un veciño de Maceda de 65 anos.

Segundo informaron o 112 Galicia e o Instituto Armado, ocorreu ás 12.00 do mediodía no quilómetro 233 da OU-525. Ao parecer, a persoa que contactou cos servizos de emerxencias relatou que atopou ao peón atropelado e que este mesmo lle contou que fora atropelado por un camión, aínda que naquel lugar non había ningún vehículo.

Posteriormente, desprazáronse ata alí a Garda Civil e efectivos de Urxencias Sanitarias-061, que soamente puideron confirmar o falecemento do home.

Axente da Garda Civil
Axente da Garda Civil | Fonte: GARDA CIVIL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta