Camiño pola diversidade: 75 quilómetros correndo a favor da inclusión

O vindeiro sábado 20 de xullo Empujando Sonrisas completará os máis de 70 quilómetros que separan a praza de María Pita, na Coruña, da praza do Obradoiro, en Santiago. Os coruñeses completarán esta distancia correndo por substitucións o Camiño de Santiago co obxectivo de visibilizar e normalizar o deporte inclusivo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 15/07/2024 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

A distancia é sempre relativa. Que son 75 quilómetros? Se é un traxecto que se debe completar en transporte público ou privado, pode significar aproximadamente unha hora de viaxe. Para moitos é un tempo razoable que se poden permitir. Pero, e se esta distancia se vai percorrer a pé, concretamente correndo, e empuxando cadeiras de rodas adaptadas?

Camiño pola diversidade
Camiño pola diversidade | Fonte: Empujando Sonrisas

Precisamente isto é o que os coruñeses de Empujando Sonrisas se propuxeron conseguir o vindeiro sábado 20 de xullo. Xunto co apoio dos corredores Toxos e Birras e o acompañamento de AssistTens Sports, están dispostos a correr polo Camiño de Santiago para completar a distancia que separa dúas das prazas máis emblemáticas de Galicia. O obxectivo non é outro que visibilizar a diversidade e normalizar a inclusión no mundo do deporte.

Un total de 20 corredores de todas as idades iranse relevando para completar os aproximadamente 75 quilómetros do traxecto. Para iso contarán co soporte de furgonetas de apoio que proporcionarán todo o necesario aos relevistas. O centro neurálxico da cidade de Coruña, a praza de María Pita, nunca estivo máis preto da praza do Obradoiro. E é que, aínda que o traxecto que as separa non varíe, Empujando Sonrisas, vai facer que estes dous puntos se unan simbolicamente a favor dunha mensaxe de inclusión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta