Un motorista ferido grave tras sufrir un accidente en Ordes

Á zona desprazouse o helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago, que trasladou ao mozo ata o Hospital da Coruña

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2024 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

Un mozo resultou ferido grave na tarde deste xoves tras sufrir un accidente de tráfico coa moto que manexaba no municipio coruñes de Ordes.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso tivo lugar pouco despois das 14.00 horas no lugar da Brea, na parroquia de Ardemil, onde o motorista sufriu unha saída de vía.

Ata a zona desprazouse o helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago, que trasladou ao mozo ata o Hospital da Coruña. Ademais, tamén interviñeron os Bombeiros de Betanzos, os axentes da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.

Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia
Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia | Fonte: URXENCIAS SANITARIAS-061 - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta