Por E.P. | Santiago de Compostela | 20/07/2024 | Actualizada ás 18:53
Efectivos de Garda Civil, apoiados por Protección Civil e GES de Castro Caldelas, rescataron este sábado a unha senderista belga ferida mentres facía a ruta do canón do río Mao, en Parada de Sil.
Segundo a información proporcionada pola Garda Civil de Ourense, dúas senderistas belgas atopábanse este sábado realizando a ruta PR 177, que transcorre polo canón do río Mao. Á metade do percorrido, unha delas caeu nun pequeno buraco e torceuse xeonllo dereito, con posible fractura, polo que tivo que ser evacuada polos servizos de emerxencias cunha padiola de porteo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.