A Xunta acusada de favorecer a educación privada co novo grao de psicoloxía

O BNG denunciou que a autorización do grao de Psicoloxía á Universidade Intercontinental da Empresa incumpre a Lei do Sistema Universitario de Galicia do ano 2013.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/07/2024 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

O BNG denunciou que a autorización do grao de Psicoloxía á Universidade Intercontinental da Empresa incumpre a Lei do Sistema Universitario de Galicia do ano 2013. Así o manifestou o deputado do Bloque Daniel Castro, que rexistrou no Parlamento unha iniciativa na que reclama á Xunta que revalúe a autorización e posta en marcha desta titulación que, lembrou, xa se oferta na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

"Mentres o PP anuncia matriculas gratuítas sen aumentar o financiamento ás universidades públicas, segue co seu modelo privatizador concedendo un grao privado que incumpre a Lei do Sistema Universitario galego de 2013, xa que duplica estudos que xa ofrece a universidade pública", explicou o deputado nacionalista.

Ademais, Castro subliñou que a creación desta universidade privada xa recibiu no seu día "fortes críticas por parte de todos os entes da universidade pública, sindicatos e partidos da oposición". Agora, engadiu, a creación deste grao convértese en "un novo paso privatizador amparado pola Xunta" e "nun novo ataque á universidade pública".

Neste sentido, censurou a "evidente duplicidade na oferta", polo que ve "unha clamorosa vulneración da Lei galega do ano 2013", que "non permite a creación de graos xa existentes no SUG". "O mesmo PP que vota en contra da gratuidade dos libros dá o visto e prace a un grao que o noso sistema público xa ofrece", destacou, criticando ademais que os populares sigan o seu "modelo privatizador" mentres anuncia matriculas gratis "sen aumentar o financiamento ás universidades públicas".

O deputado do BNG Daniel Castro / Europa Press / Europa Press
O deputado do BNG Daniel Castro / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta