Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2024 | Actualizada ás 13:37
O Diario Oficial de Galicia publicou o calendario laboral de Galicia para 2025 no que se fixan como festivos propios o Día das Letras Galegas, 17 de maio, e o do Apóstolo, 25 de xullo. A normativa estatal establece as 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Destes 14 festivos, dous son elixidos por cada concello.
Dos outros 12 restantes, nove son de carácter obrigatorio e non sustituibles a non ser que coincidan en domingo: un de xaneiro, Venres Santo (18 de abril en 2025), 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro. No ano 2025 hai un festivo nacional de carácter obrigatorio que coincide en domingo: o 12 de outubro (Festa Nacional de España), que Galicia propón substituír polo 17 de maio, Día das Letras Galegas.
Os outros tres festivos de carácter nacional son opcionais, é dicir, poden ser substituídos polas comunidades autónomas: o 6 de xaneiro, que en Galicia nunca se cambia, a menos que coincida en domingo; o Xoves Santo (que en 2025 celebrarase o 17 de abril), que na Comunidade galega non se modifica de maneira tradicional; e dáse a opción ás comunidades de escoller como opcional entre o 19 de marzo e o 25 de xullo.
As festas do calendario laboral para Galicia en 2025 son: Ano Novo (1 de xaneiro), Epifanía do Señor (Día de Reis - 6 de xaneiro), Xoves Santo (17 de abril), Venres Santo (18 de abril), Festa do Traballo (1 de maio), Día das Letras Galegas (17 de maio), Día Nacional de Galicia (25 de xullo), Asunción da Virxe (15 de agosto), Todos os Santos (1 de novembro), Día da Constitución Española (6 de decembro), Inmaculada Concepción (8 de decembro) e Nadal (25 de decembro). Ademais destes días, cada concello determina dúas xornadas festivas propias da súa localidade.
O MARTES DE ENTROIDO E SAN XOÁN SERÁN FESTIVOS LOCAIS NA CORUÑA
O Concello da Coruña decretou que o 4 de marzo, martes de Entroido, e o 24 de xuño, festividade de San Xoán, sexan festivos locais en 2025. Así o anunciou o portavoz do goberno local, José Manuel Lage, nunha rolda de prensa convocada para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.