Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/08/2024 | Actualizada ás 16:51
A Policía Local de Poio e a Garda Civil detiveron ó mozo como presunto autor dun delito de violencia doméstica e outro de quebrantamento de condena. Segundo informou a Policía Local, o suceso produciuse sobre as 10:20 horas do sábado e o home tiña en vigor unha orde de afastamento dunha vítima de violencia de xénero. Foi o 112 Galicia o que deu a voz de alarma e os axentes desprazáronse ata a vivenda onde se produciron os feitos e detiveron ao home.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.