Asociacións profesionais da Garda Civil denuncian a "redución de horarios e peche de cuarteis" no rural galego

"Esta medida, que establece horarios de apertura limitados de 9 a 14 horas de luns a venres, é unha solución parche que non aborda o verdadeiro problema" din desde Jucil

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2024 | Actualizada ás 16:21

Comparte esta noticia



A asociación profesional Xustiza para a Garda Civil (Jucil) denunciou a "redución de horarios e peche de cuarteis" en áreas rurais galegas durante o verán.

"Esta medida, que establece horarios de apertura limitados de 9 a 14 horas de luns a venres, é unha solución parche que non aborda o verdadeiro problema".

"A anticuada distribución xeográfica das dependencias da Garda Civil nesta comunidade autónoma, xunto coa insuficiencia de efectivos en todo o territorio español" afirma o coordinador de Jucil en Galicia, Javier Montero.

"A colocación de anuncios en cuarteis que informan de horarios reducidos e a indicación de acudir ao posto máis próximo para recibir atención fóra desas horas, representa unha grave deficiencia na atención ao cidadán", apostila.

Coche da Garda Civil
Coche da Garda Civil | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta