Temas: GPS BUEU PRAIA

Un tráiler queda atascado nunha estrada de Bueu por culpa do GPS

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2024 | Actualizada ás 20:57

Comparte esta noticia

Un tráiler, de matricula francesa, permanece atascado na estrada da Loiba, en Beluso, pertencente ao municipio pontevedrés de Bueu tras seguir as indicacións do GPS.

Segundo fontes coñecedoras do incidente consultadas por Europa Press, o suceso produciuse sobre as 16.45 horas deste venres e actualmente o camión segue atrancado.

Ao parecer o condutor saía dunha das depuradoras da zona e no canto de regresar pola PO-315, por onde entrou, o GPS levouno dirección á praia de Beluso ata quedar atrancado na EP-1309.

Un camioneiro queda atrapado co seu tráiler nunha estrada polo GPS
Un camioneiro queda atrapado co seu tráiler nunha estrada polo GPS | Fonte: CONCELLO DE FERROL

Temas: GPS BUEU PRAIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta