Como viviu Rajoy a súa agresión?

O presidente da Xunta di que reaccionou con “humor e educación”. Asegura que non hai que sacar conclusións “precipitadas” e que terán que ser a Policía e os xuíces os motivos da agresión ao presidente español.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 17/12/2015 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

A tarde do martes 16 de decembro de 2015 vai ser recordada por moitos, especialmente, por Mariano Rajoy, por ser a primeira vez –que se saiba-- que un presidente teña levado unha boa labazada en público. Unha agresión que o líder do PP tomou con “humor e con educación”, segundo conta o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Rajoy e Feijóo fan un selfie nun mitin na Coruña, horas despois de ser golpeado en Pontevedra
Rajoy e Feijóo fan un selfie nun mitin na Coruña, horas despois de ser golpeado en Pontevedra | Fonte: noticias.lainformacion.com

O tamén líder dos populares galegos estaba presente cando Rajoy foi golpeado e estivo con el durante os momentos e horas posteriores, xa que xuntos se trasladaron á Coruña, para o mitin que estaba previsto. “Estaba a uns metros e non vin o que as cámaras recolleron”, dixo Feijóo ao ser preguntado pola agresión na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Chamoume a atención a actuación que tivo que é digna dun presidente do goberno, moderada e educada”, suliñou ao suliñar o comportamento que tivo Rajoy xusto despois de ser golpeado.  “Tomouno con humor, como galego que é, e tamén con educación”, engadiu.

Por iso, e seguindo o manifestado polo propio presidente español, Feijóo dixo que “non hai que sacar impresións políticas precipitadas” do acontecido.  “Correspóndelle á Policía e aos xuíces concretar as consideracións e os contextos nos que se movía este rapaz”, destacou.

Feijóo insistiu, en varias ocasións, sobre a necesidade de non “precipitarse” nas valoracións políticas ou en atribuír esta acción a un acto ou motivacións políticas, tal e como este xoves fixo El País na sua edición electrónica, apuntando a responsabilidade do acontecido a En Marea. Un feito que logo desmentiría.

Rajoy, Ana Pastor e Feijóo camiñan por Pontevedra logo da agresión sufrida polo presidente español
Rajoy, Ana Pastor e Feijóo camiñan por Pontevedra logo da agresión sufrida polo presidente español | Fonte: estrelladigital.com

“As valoracións que hai que facer é que o primeiro que ten que falar disto é o propio Rajoy e logo destacar que non deixou de ser presidente en ningún momento”, suliñou o presidente galego ao indicar que, en ningún momento, se viu desbordado polo acontecido. De feito, apuntou que despois da agresión, e durante a súa viaxe á Coruña para a celebración do mitin, Rajoy reviviu o acontecido con “humor”.

Por iso, Feijóo quixo suliñar que Rajoy “coñece ben ao pobo galego, pois é parte del” e o acontecido é unha “excepción” que “non vai perturbar a educación do presidente”. “Son accións moi minoritarias que nada teñen que ver co noso pobo”, engadiu.

Segundo apuntan as investigacións, o mozo detido é familiar lonxano do propio presidente do goberno e dunha familia acomodada de Pontevedra. Antes da agresión, tería sido apupado por outros amigos a través de whatsaap. De feito, algúns destes amigos estaban alí no momento da labazada e apoiaron ao agresor con aplausos, asubíos e berros de “bravo, bravo”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 XanKaraLlás

¿A policía e os xuíces terán que ser os motivos da agresión a Rajoy?

3 galegoexiliado

Pobre Mariano, xa nin a familia te quere nin respeta. Menos mal que che quedan moitas barrigas agradecidas que dependen de ti e do partido pa sobrevivir.

2 Ana

E sorprendente que todo isto pase cando o bipartidismo baixa nas enquisas e cando se estaba a falar de corrupcion, paro, precariedade, debeda publica, etc. A min non me enganan e votarei polo cambio con mais gañas o 20D. Quero vivir nun pais sen corrupcion, sen portas xiratorias, con oportunidades laborais, con impostos xustos, con un prezo da enerxia xusto, con unha sanidade e educacion publica e de calidade, con separacion de poderes, etc.

1 bye bye expaña

Revelan na prensa extranxeira (Russia Tofay) que o rapaz agresor e familiar de Rajoy. A nai do rapaz e Elvira a dona de Rajoy, son curmans. O rapaz e simpatizante do PP e toda a sua familia son afiliados o partido podre, Non facer caso as enquisasas, son todo un fraude, toda unha montaxe. Non votedes expañolismo, non votedes PPodemos (PPodemos Iruña rachou hoxe o pacto de goberno con EH Bildu en Pamplona. O rexime se desmoroa, unha suba dun 0.25 pola dohprecio do dolar pola FED sube a debeda expañola en miles de millons e pon o pais de pai...llasos na bancarrota.