O eurodeputado popular Adrián Vázquez sobre a posición do BNG respecto de Venezuela: "É un menosprezo á democracia"

Vázquez subliñou que "conseguiron que o Parlamento Europeo aprobe recoñecer a Edmundo González como o que é: o lexítimo gañador das eleccións venezolanas roubadas por Maduro".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2024 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

O eurodeputado do Partido Popular Adrián Vázquez cualificou a posición do BNG respecto de Venezuela de "incomprensible" e aseverou que non cre que haxa "un só galego" que se sinta representado "neste menosprezo á democracia". Así o denunciou este venres durante unha reunión que mantiveron Vázquez e responsables do PP de Ourense co presidente da asociación 'Alma Llanera' e con representantes da comunidade venezolana para "transmitirlles todo o que o PP está a facer para apoiar a Venezuela e á oposición no exterior".

Durante a reunión, Vázquez subliñou que "conseguiron que o Parlamento Europeo aprobe recoñecer a Edmundo González como o que é: o lexítimo gañador das eleccións venezolanas roubadas por Maduro". Segundo indicou o PP ourensán nunha nota de prensa, o eurodeputado tamén reivindicou que "en Europa hai tolerancia cero coas ditaduras" e explicou que "iso é o que declarou a Eurocámara o xoves ratificando a Edmundo como gañador lexítimo das eleccións venezolanas". Doutra banda, o eurodeputado criticou a postura do Partido Socialista tras as eleccións de Venezuela e celebrou que "os eurodeputados que están ao lado da democracia en Venezuela son maioría, unha maioría que sería imposible sen a forza do Partido Popular en Europa".

O eurodeputado popular Adrián Vázquez
O eurodeputado popular Adrián Vázquez | Fonte: Alejandro Martínez Vélez - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

Que pode dizer um indivíduo que pertence a um partido político fundado por ministros do genocida, Franco, e que assinárom penas de morte a democratas. Esquecer a história traz-nos estes personagens.