A lousa, protagonista nunha conferencia na Escola de Arquitectura Técnica da Coruña

Foi o 18 de setembro, baixo o título de "A lousa galega: Prestacións e construción", e a cargo de Santiago López Piñero, experto en Enxeñería da Edificación e Execución de Obras.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 21/09/2024 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O doutor en Arquitectura e experto en Enxeñería da Edificación e Execución de Obras, Santiago López Piñero, realizou no salón de Graos da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña unha ponencia titulada “A lousa galega: Prestacións e construción”.

Charla sobre lousa na EUATAC. Foto: Cluster da Pizarra de Galicia.
Charla sobre lousa na EUATAC. Foto: Cluster da Pizarra de Galicia.

López Piñeiro fixo referencia aos sistemas de colocación da roca, principalmente o sistema transventilado, despois de introducir as súas características técnicas. Na liña de accións conxuntas que a Agrupación industrial da Lousa de Galicia vén realizando coa EUATAC, nesta ocasión o foco volveu colocarse sobre a formación dos estudantes no uso da pedra natural galega. 

O experto, que exerceu a docencia durante moitos anos, admitiu sentirse agradecido pola asistencia maioritaria de alumnos dos últimos cursos da carreira de Arquitectura, que xa “cursaron unha materia de construción en terceiro, na que se tratan estes temas”, impartida mesmo polo propio relator. Isto contribuíu a “elevar o nivel” da propia charla.

A IMPORTANCIA DA LOUSA NA CONSTRUCIÓN

O presidente da Agrupación industrial da Lousa, Víctor Cobo, puxo en valor o sector da lousa, pois “permite combater o despoboamento do rural”, debido a que xera “uns 2.400 empregos directos e preto de 10.000 postos de traballo indirectos”.  Abondando no anterior, dixo tamén que “a lousa forma parte da minería, un sector estratéxico na economía galega”.

Santiago López Piñeiro (esquerda),  Juan Luis Pérez Ordóñez, director EUATAC, (centro), e Víctor Cobo, presidente do Cluster da Pizarra (dereita). Foto: Cluster da Pizarra de Galicia.
Santiago López Piñeiro (esquerda), Juan Luis Pérez Ordóñez, director EUATAC, (centro), e Víctor Cobo, presidente do Cluster da Pizarra (dereita). Foto: Cluster da Pizarra de Galicia.

Pola súa banda, Santiago López Piñero falou, en relación á lousa como elemento construtivo,  “dos sistemas de construción para fachada e para cuberta trasventiladas”, sinalando ademais a experiencia dos profesionais que hai no sector. “Os colocadores están moi formados, destaca a súa gran profesionalidade porque teñen un nivel moi alto de especialización, algo fundamental á hora de colocar un produto”, dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta