Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2024 | Actualizada ás 17:26
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou este mércores ao PP de "perpetrar un ataque directo" contra a lingua galega, despois de que os 'populares' tombasen no Senado a pretensión dos socios do Goberno de reformar o Regulamento da cámara para universalizar o uso das linguas cooficiais.
Segundo lamentou, o PP revelouse como "o partido máis antigallego da historia" por votar "sistematicamente" en contra do uso das linguas cooficiais no Congreso e no Senado, o que atenta contra os dereitos dos galegos. "Non podemos permitir que sigan dándolle as costas á nosa cultura e á nosa identidade", subliñou Besteiro, que chamou a "loitar xuntos por un galego con todos os dereitos que merece".
O líder dos socialistas galegos criticou a "papeleta" do PP cando "di que defende a lingua en Galicia", pero os 'populares, engadiu, "quítanse a careta en canto pasan do Padornelo" e continuán "negándose a normalizar o uso das linguas cooficiais" nas Cámaras, do mesmo xeito que fixeron cando el mesmo foi "o primeiro deputado" en defender a proposta de reforma do regulamento no Congreso, "a pesar da oposición" do PP en setembro de 2023.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.