Escarceran os condutores de dous vehículos despois dunha colisión en Paderne

As dúas persoas feridas foron trasladadas en ambulancia ao centro hospitalario de referencia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2024 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia



Os Bombeiros de Betanzos tiveron que excarcerar aos condutores de dous vehículos tras unha colisión na N-651, ao seu paso por Paderne.

Segundo informou o 112, o suceso produciuse sobre as 16.30 horas deste mércores e foro varios particulares os que deron a voz de alarma e detallaron que os turismos chocaron frontalmente.

As dúas persoas feridas foron trasladadas en ambulancia ao centro hospitalario de referencia. No operativo participaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil e os servizos de mantemento da vía.

Helicóptero e ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 Galicia / Europa Press - Arquivo  / Europa Press
Helicóptero e ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 Galicia / Europa Press - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta