Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2024 | Actualizada ás 20:28
Os científicos Antonio Figueras (CSIC), Santiago Lago (USC), Pedro Arias (UVigo), Alberto Bugarín (USC) e Diego Pena (USC) serán recoñecidos coas Medallas de Investigación da Real Academia Galega de Ciencias, e recibirán a súa distinción no acto do Día da Ciencia en Galicia, o 8 de outubro.
Esta distinción, que cumpre a súa sexta edición, valora as traxectorias singulares e consolidadas en investigación, desenvolvidas en Galicia, e busca tamén fomentar a promoción da ciencia e a tecnoloxía galegas para difundir entre a sociedade o aprecio polos valores científicos.
Antonio Figueras foi premiado na categoría de Bioloxía e Ciencias da Saúde. É investigador do Instituto de Investigacións Mariñas, onde dirixe o grupo de Inmunología e Xenómica.
Santiago Lago, que recibirá a Medalla Domingo García-Sabell na área de Ciencias Económicas e Sociais, é catedrático de Economía Aplicada da USC e referente no campo do federalismo fiscal e a descentralización. Ademais do seu traballo como asesor de organismos internacionais, participou no deseño de políticas públicas en Galicia e España, e en comisións parlamentarias autonómicas e nacionais. En 2010 fundou o Foro Económico de Galicia.
Pedro Arias, recoñecido no campo das Ciencias Técnicas coa Medalla Isidro Parga Pondal, é Catedrático de Enxeñaría Cartográfica, Geodésica e Fotogrametría na UVigo, e investigador princial do grupo de de Geotecnologías Aplicadas.
Alberto Bugarían recibirá a Medalla Enrique Vidal Abascal, da sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación. Catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artifical da USC, é investigador do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), onde coordina o grupo de Sistemas Intelixentes. Igualmente, coordina o Grao en Intelixencia Artificial impartido conxuntamente polo tres universidades galegas.
Finalmente, Diego Pena foi recoñecido coa Medalla Antonio Casares Rodríguez na sección de Química e Xeoloxía. Investigador do CiQUS da USC, é un científico referente no ámbito da química orgánica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.