Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2024 | Actualizada ás 15:09
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta, Pablo Fernández, reclamou ao Goberno central o "desbloqueo" de fondos europeos. Fíxoo en resposta a unha pregunta do PSdeG na Comisión celebrada este xoves no Parlamento galego e na que a deputada socialista Carmen Rodríguez Dacosta demandou información sobre as políticas de emprego do Executivo galego, ao que reprochou a súa xestión nesta materia.
Para replicar a esta afirmación, o secretario xeral de Emprego sostivo, entre outras cuestións e tras facerse públicos os datos do paro, que o de setembro foi "o mellor da serie histórica". Con todo, apelou a non ser "triunfalista". "Aínda queda moito por facer", sostivo. A súa intervención aproveitouna tamén para pedir o apoio do PSdeG ás demandas da Xunta ao Goberno central ao que, xunto á anterior, sumou, entre outras, aumentar as transferencias para subir os custos salariais dos centros de emprego e empresas de inserción.
"Nos dous últimos anos quedaron sen gastar 409 millóns", sostivo a parlamentaria socialista quen demandou máis actuacións en materia de formación. Isto nunha comparecencia na que se fixo balance tamén, a través dunha pregunta do grupo parlamentario do PP, das medidas da Xunta para incentivar a presenza das mulleres en sectores laborais masculinizados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.