A Xunta destina 10.000 euros para cubrir as necesidades básicas de 222 persoas desprazadas polo conflito en Líbano

Mediante o aprovisionamento de alimentos, de artigos de hixiene e doutros materiais básicos contribúen ao mantemento deste espazo, facendo fronte ás necesidades básicas das persoas alí desprazadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2024 | Actualizada ás 17:02

Comparte esta noticia

A Xunta activou o convenio con Faramundi para a iniciar unha intervención de emerxencia para facer fronte ás necesidades básicas da poboación desprazada e afectada polos ataques aéreos ao Líbano. O Executivo galego, segundo detallou nun comunicado, destina 10.000 euros co obxectivo de chegar durante tres meses a 222 persoas, das que 155 son mulleres e nenas.

Faramundi pon en marcha a intervención en colaboración co seu socio local 'Basmeh & Zeitooneh', fundada en 2012 por persoas refuxiadas, que asegurará a resposta coordinada con actores locais. Mediante o aprovisionamento de alimentos, de artigos de hixiene e doutros materiais básicos contribúen ao mantemento deste espazo, facendo fronte ás necesidades básicas das persoas alí desprazadas.

Varias persoas deixan o sur de Líbano nunha camioneta
Varias persoas deixan o sur de Líbano nunha camioneta | Fonte: REUTERS - Mohamed Azakir

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta