Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/10/2024 | Actualizada ás 21:32
A Xunta desactivou o plan de alerta por posibles desbordamento de ríos ao apreciarse unha baixada de caudal das zonas en vixilancia e non estar previstas intensas precipitacións para as próximas xornadas.
As fortes choivas rexistradas en gran parte da comunidade durante a última semana, especialmente as deixadas ao seu paso pola borrasca 'Kirk', obrigaron a activar este plan especial ante o risco de desborde nunha decena de ríos galegos do catro provincias.
Este sábado, a Axencia Galega de Emerxencias comunicou a desativación desta medida preventiva, declarada o pasado 5 de outubro, ante a baixada do risco de desbordamentos na comunidade. A decisión foi comunicada a todos os organismos e grupos de intervención co fin de recuperar a normalidade e relaxar as medidas de protección, segundo informou a Axega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.