Un home enfróntase tres anos de cárcere por ocultar varios palés con lousa embargados en Valdeorras

O valor dos palés supera os 82.000 euros.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/10/2024 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

Un home enfróntase a tres anos de cárcere por ocular 280 palés de lousa embargados no Barco de Valdeorras cun valor de máis de 82.000 euros. Segundo Fiscalía, os feitos producíronse en 2018 cando o procesado foi nomeado depositario xudicial, "con todas as advertencias legais", da mercadoría como consecuencia dun procedemento de embargo.

Nunha data indeterminada, pero antes do 25 de outubro de 2019, o procesado ocultou todas as paletas de lousa embargados e dos que era depositario. Estes feitos, prexudicaron á executante xudicial, sen dar razón do destino do mesmo e sen ser achados, xa que non puido cobrar a cantidade debida. Por iso, o home enfróntase a tres anos de prisión por un delito de malversación e terá que indemnizar á mercantil con máis de 82.000 euros.

Fachada do Tribunal Constitucional o día que se rende homenaxe a Francisco Tomás Valente, a 14 de febreiro de 2024, en Madrid
Fachada do Tribunal Constitucional o día que se rende homenaxe a Francisco Tomás Valente, a 14 de febreiro de 2024, en Madrid | Fonte: Eduardo Parra - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta