Galicia lidera o peor índice de natalidade de todo o Estado

En agosto naceron un 3% menos de crianzas que hai un ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2024 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou un total 8.925 nacementos ata agosto, o que supón 284 menos (-3,09%) que no mesmo período de 2023, o maior descenso entre comunidades, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) este mércores.

Esta caída de Galicia contrasta co aumento de nacementos do 0,36% no conxunto do Estado, cun acumulado de 212.011 alumeamentos. Por comunidades, Cantabria foi na que máis aumentou os natalicios respecto de agosto de 2023, un 9,66% máis, seguida de Baleares (5,36%) e Castela e León (4,4%). Pola súa banda, Galicia, País Vasco e Canarias recortaron os nacementos respecto ao mesmo mes do ano anterior, un 3,09%, un 2,33% e un 2,04%, respectivamente.

No tocante ao mes de agosto, os nacementos rexistrados foron 1.156 en Galicia, 20 menos que no oitavo mes de 2023, un 1,7% de recorte. Por idades das nais, no mes de agosto, o grupo máis numeroso é o de 35 a 39 anos, con 373. Séguenlle de 30 a 34 anos, cun total de 356. Ademais, as proxenitoras con 40 ou máis anos foron 151.

DEFUNCIÓNS

Doutra banda, Galicia rexistra 24.606 defuncións no acumulado das 39 primeiras semanas de 2024, o que se traduce unha alza do 1,30% en comparación co mesmo período de 2023. Este incremento é superior á media de avance do 0,95% no conxunto do país, con 328.115 mortes acumuladas no mesmo período.

Bebé
Bebé | Fonte: INE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta