O persoal de investigación de fundacións públicas reclama un convenio único

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2024 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

Persoal das fundacións públicas de investigación sanitaria avisan de que as súas protestas para pedir un convenio único irán "subindo de intensidade" se a Xunta "segue ignorando" as súas reivindicacións.

Así o advertiu o responsable de negociación sindical da CIG, Miguel Tizón, tras participar este mércores en Vigo nunha das concentracións que tamén se realizaron na Coruña e Santiago.

As entidades afectadas son a Fundación Biomédica Galicia Sur, a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Fidis) e a Fundación de Investigación Biomédica Iibic, que foron integradas no Sergas o 1 de xaneiro deste ano.

Tizón lembrou que, desde entón, este persoal é laboral público. "Sabemos que (os responsables do Sergas) son coñecedores da nosa demanda", dixo, para lamentar que "a día de hoxe" o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, "non se dignou nin a recibirnos, nin a falar, nin a concretar nada" do que solicitan.

E é que, a pesar da integración, aínda non teñen dereito a trienios nin carreira profesional, e "nin sequera os nosos salarios están equiparados" aos de investigadores do Sergas.

O seguinte paso, tras as concentracións deste mércores, o día 30 levarán as súas protestas ás portas da Consellería. A partir de aí, avisan, irán "subindo o ton" se en Sanidade seguen a ignoralos.

Concentración para esixir un convenio único para as fundacións públicas de investigación sanitaria en Galicia.. CIG
Concentración para esixir un convenio único para as fundacións públicas de investigación sanitaria en Galicia.. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta