O PPdeG acusa ao membro do Consello de Contas designado polo PSdeG de usar o órgano con fins "persoais"

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos, s censurou o "afán de protagonismo" do conselleiro designado polo socialismo galego

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2024 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos, acusou ao conselleiro do Consello de Contas que foi designado polo Partido Socialista de Galicia, Simón Rego, de utilizar este órgano fiscalizador con fins "persoais" e "políticos".

Nunha rolda de prensa ofrecida este venres na Cámara galega, o portavoz parlamentario dos populares censurou o "afán de protagonismo" do conselleiro designado polo socialismo galego.

"Polo que se ve tanto nas súas publicacións en medios escritos como nas entrevistas de radio que ten oportunidade de facer, máis preocupado por criticar a actuación da Xunta e do Goberno galego en calquera ámbito que se prece que de actuar cumprindo fielmente a finalidade que se lle recoñece ao Consello de Contas na súa lei constitutiva", sinalou.

Na súa intervención, Pazos censurou que se trata da "primeira vez na historia" do Consello de Contas de Galicia, "un órgano estatutario credo en 1975, que "uno dos seus conselleiros pretende facer sombra ao conselleiro maior, que é a persoa que ostenta a representatividade do Consello de Contas e quen debe informar tanto o Parlamento como publicamente das actividades do Consello".

Neste sentido, considerou "rechamante" que no caso concreto deste conselleiro "mesmo pretenda esconder os seus criticas ou valoracións públicas" identificándose como "administrador civil do Estado" e ocultando o seu desenvolvemento profesional no Consello de Contas.

"Consideramos inxustificado que esta persoa estea a utilizar o seu cargo, co que iso supón de acceso a información privilexiada por parte de entidades públicas e privadas, para o proveito persoal ou utilización partidista", dixo para esixirlle que se "ateña ao recolleito na lei" e deixe de utilizar os órganos para fins para os que non foi creado.

O portavoz parlamentar do PP de Galicia, Alberto Pazos Couñago. PP
O portavoz parlamentar do PP de Galicia, Alberto Pazos Couñago. PP | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta