En Marea subiría en votos e mantería escanos

Unha enquisa de NCC Report debuxa un panorama moi similar ao do 20D, no caso de repetirse as eleccións xerais.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 25/01/2016 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

En Marea lograría seis escanos no Congreso no caso de volver a convocarse as eleccións xerais. Esta é a conclusión máis clara que para Galicia pode tirarse da enquisa que publica hoxe La Razón.

O diario conservador dálle a coalición de esquerdas galega o 1,7% dos sufraxios a nivel estatal. Esta cifra supón un lixeiro avance para En Marea respecto ao 20D, cando lograra o 1,63% deses votos.

Dado que a consultora NCC Report non desagrega datos por autonomías, non se poden saber os posíbeis resultados de PPdeG, PSdeG e Ciudadanos en Galicia. Agora ben, o feito que Nós Candidatura Galega apareza sen ningún deputado adxudicado, indicaría que a coalición que liderou o BNG volvería a non superar a barreira do 5% en ningunha das provincias.

A nivel estatal, avanzarían PP e Podemos, pero non dabondo para desequilibrar o complicado taboleiro actual. Nin a suma dos de Mariano Rajoy con Ciudadanos nin a de Podemos e as súas confluencias serían dabondo para gobernar sen o apoio do PSOE. E viceversa, o PSOE volvería a necesitar a Podemos e a súas confluencias para superar un eventual veto do PP.

Os socialistas (entre dous e catro escanos menos) e os de Albert Rivera (entre sete e dez escanos menos) serían os prexudicados polo lixeiro avance do partido de Pablo Iglesias (entre 1 e catro representantes máis) e o progreso tamén feble dos de Mariano Rajoy (entre 7 e 9 escanos).

En definitiva, como era de agardar, repetir os comicios non serviría, cando menos por si só, para para aclarar o rebumbio no que continúa enleada a política estatal.

Resultado das eleccións xerais segundo a enquisa de NCC Report para La Razon
Resultado das eleccións xerais segundo a enquisa de NCC Report para La Razon | Fonte: larazon.es

Tone Gómez-Reino, con Pablo Iglesias  Xulio Ferreiro, Yolanda Iglesias e outros dirixentes de En Marea na Coruña
Tone Gómez-Reino, con Pablo Iglesias Xulio Ferreiro, Yolanda Iglesias e outros dirixentes de En Marea na Coruña | Fonte: enmarea.gal
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 Moncho es mucho

E NOG caga, seguiría cagándoa

2 Un de Sada

Aljun da UPJA por aí?

1 Eu non me mareo

Parece que por aquí non hai ningún. Creo que andan todos pola rúa cos do cerco, os do naval, os preferentistas, protestando contra ENCE na Ría de Pontevedra, outros facendo trabalo sindical, e outros perdidos en centos de conflitos defendendo os intereses do país, mentres vós andades mareados a rañala. Agora vai resultar que a UPG son os inimigos do pobo galego; parade xa de botar os tiros pola culata; basta de facer o parvo.

2 Un de Sada

Efectivamente. Tendes a exclusiva na defensa do pobo galego.E o que ten ter un ego desmedido. E que non vos entenden. Malfadadiños!!!!

1 voto

A culpa e dos votantes que non votan UPG. Caramba, en canto miraron outra cousa que votar pasaron da UPG como a m... Ainda que OS votantes na sus mayoría non sepan que e a UPG xa están fartos de ver tanta exquisitez para cos militantes no BNG que durante anos levan dando a tabarra con purgas. Ven algo raro e non lles votan si hai algo alternativo, fagan ou non grupo parlamentar. Ese e o debate do que fue UPBNG.