Trece grandes proxectos de eólica mariña proxectados para Galicia

Están en proceso previo do alcance do estudo de impacto ambiental.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2024 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

Un total de 13 parques de eólica mariña proxectados para a costa galega atópanse na actualidade en procedemento potestativo de determinación do alcance do estudo de impacto ambiental.

Así llo transmite o Goberno central ao deputado do BNG Néstor Rego, quen expuxo unha pregunta escrita no Congreso sobre este extremo. Na súa resposta, o Executivo lembra que non serán admisibles as solicitudes de autorización administrativa de instalacións de xeración eólica mariña ata a aprobación por parte do Goberno dun novo marco normativo para estas instalacións.

"No entanto, ao amparo das excepcións previstas nos apartados 2 e 3 da Disposición adicional terceira do Real Decreto-lei 12/2021, ou a trámites ambientais previos", detalla os proxectos que se atopan "actualmente en procedemento potestativo de determinación do alcance do estudo de impacto ambiental".

Trátase dos parques de eólica mariña 'Volanteiro', 'Celta II', 'Breogán', 'Juan Sebastián Elcano', 'Poniente I', 'Poiente II', 'Atlántico-1', 'Atlántico-2', 'Atlántico-3', 'Atlántico-4', 'Xistral', 'O Boi' e 'Roleira'.

Enerxía eólica mariña / SEO/BIRDLIFE - Arquivo
Enerxía eólica mariña / SEO/BIRDLIFE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta