Persoal de Navantia Ferrol e Fene mobilízanse para pedir "emprego e carga de traballo"

"A dirección da empresa dinos que non hai diñeiro", critican

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2024 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

Máis de 300 persoas do persoal de Navantia Ferrol e Fene concentráronse na Coruña para reclamar que se avance no convenio colectivo, así como na negociación dun plan estratéxico con "investimentos, emprego e carga de traballo" co obxectivo de "apontoar o futuro da compañía".

Fixérono este mércores nunha mobilización ante a Delegación do Goberno, con corte de tráfico dun carril na praza de Ourense que ocasionou retencións na zona. Foi antes dunha reunión prevista coa subdelegada na provincia, María Rivas. "Queremos avanzar no convenio colectivo e falar do plan estrátegico, fundamental para a comarca e a compañía", explicou aos medios de comunicación o presidente do comité de empresa Navantia Ferrol, Carlos Díaz.

Respecto ao convenio, insistiu en que se están "topando constantemente cun teito orzamentario que emana do Ministerio de Facenda". "A dirección da empresa dinos que non hai diñeiro", recalcou para apuntar que o que solicitan é, entre outros aspectos, "redución de xornada, contrato de substitución e homoxeneizar as condicións salariais de todos os traballadores".

CONSTRUCIÓN DUN BUQUE

En canto ao plan estratéxico, Díaz demandou "investimentos, emprego e carga de traballo" tras argumentar que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, en marzo do pasado ano, "prometeu a construción dun buque con orde de execución no primeiro semestre deste ano e aínda non está nin previsto".

No entanto, o representante do colectivo expuxo que despois do verán renovaron as negociacións e "hai lixeiros avances". "Parece que o ton por parte da dirección é mellor pero aínda estamos moi lonxe", apostilou.

Máis de 300 persoas do persoal de Navantia Ferrol e Fene cortan o tráfico ante a Delegación do Goberno, na Coruña
Máis de 300 persoas do persoal de Navantia Ferrol e Fene cortan o tráfico ante a Delegación do Goberno, na Coruña | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta