Por E.P. | Ferrol | 05/11/2024 | Actualizada ás 19:37
O xornalista e investigador Rafael Permuy faleceu aos 75 anos, con mostras de condolencias ao coñecerse a noticia desde formacións como Ferrol en Común.
Nun comunicado lamenta a morte de "un veciño e amigo, sempre comprometido coas causas máis xustas, tanto desde a súa posición de xornalista e integrante do Club de Prensa como na súa participación na vida social da cidade".
"Non podemos esquecer o seu compromiso co seu sobriño José Couso, loitando de forma infatigable e irrenunciable pola reparación e xustiza dun asasinato que, por desgraza, nunca vai ver compensado".
"Hoxe perde a cidade unha boa persoa cun permanente sorriso, sempre con palabras amables e sempre con ideais firmes na defensa dos seus ideais", remarca.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.