Cortan un carballo de 160 anos en Ourense por mor dunhas obras de Fenosa

Amigos da Terra denuncia que a árbore estaba a carón do Camiño de Santiago. Tiña unha altura de 25 metros e un perímetro de 4 metros e 10 centímetros.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 29/01/2016 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

Outro carballo centenario máis que morre vítima da agresión humana. Desta volta foi na parroquia de Vilar de Astrés a carón do camiño de Santiago Mozarabe-Vía da Prata no concello de Ourense e preto da capela do San Bieito Sartédigos. Segundo denuncia Amigos da Terra, a árbore derrubouse o pasado día 12 de xaneiro de 2016.

Cortan un carballo de 160 anos en Ourense
Cortan un carballo de 160 anos en Ourense | Fonte: Amigos da Terra

As súas medidas, segundo datos recollidos xa no ano 2015 dentro da semana forestal de 2015 por distintos colexios e colectivos do Concello de Ourense eran dunha altura de 25 metros, e o perímetro da árbore a 1,30 metros da superficie era de 4 metros e 10 centímetros. Os datos recollidos o 22 de xaneiro de 2016 do tocón que quedou, a organización ecoloxista estima a súa idade aproximada em 160 anos.

“Polas evidencias que se observan nas raíces que quedaron ao aire, observáronse que as que estaban orientadas cara o Camiño de Santiago tiñan signos evidentes de podredume, mentres que as raíces orientadas cara a Capela do San Bieito observase que estaban en bó estado e eran as que fixaban a árbore ao solo”, apunta a organización nun comunicado.

Esta corta está relacionada coas obras de transporte de enerxía eléctrica ao centro de transformación de Sartédigos. As obras de canalización soterrada da liña eléctrica realizadas por Gas Natural-FENOSA arrancaron as raíces que sostiñan a árbore en pé, e por esta actuación sen medidas de precaución provocaron a caída do carballo.

Os restos da árbore (tronco principal e polas) foron trasladados a carón do cemiterio de Vilar de Astrés. “Pódese observar a simple vista que tanto o tronco principal como as pólas do carballo estaban en perfectas condicións, sen podredumes nin ningún outro tipo de dano”, engade.

Amigos da Terra considera que este tipo de actuación podían evitarse e lembran que os Camiños de Santiago están protexidos por Lei e o seu coidado e protección debe de ser prioridade tanto das Administracións públicas como dos cidadáns. Dende esta organización xa realizaron as correspondentes denuncias diante dos organismos responsables, o que implica á Consellería do Medio Rural e Dirección Xeral de Patrimonio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

2 Ártabro

Os grandes males de Galicia: a ignorancia e a traizón.

1 AMM

xa non me estraña nada, os operarios se lavan as mans , son uns mandados e os xefes non teñen nin p.... idea... (caso semellante en gravidade http://www.huffingtonpost.es/2015/0...

1 Expolio

Non direi o que lles había que cortar a eles porque pode ser ata delito.