A APDR confiada en que o Supremo valore as advertencias da UE para prorrogar a Ence na ría de Pontevedra asegura que o Supremo terá que considerar as advertencias de Europa cando aborde o seu recurso contra Ence

O avogado da asociación explica que o Supremo "pode presentar unha cuestión precudicial" ante o Tribunal de Xustiza da UE.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2024 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

O Tribunal Supremo aínda ten pendente a resolución dos recursos de casación que presentaron no seu día Ence e as organizacións afíns contra a sentenza da Audiencia Nacional que, tras dar a razón á Asociación Pola Defensa Da Ría (APDR), anulou a concesión de Celulosas.

A APDR sostén que, cando o Supremo aborde o seu recurso de casación, os maxistrados deberán considerar o contido do expediente da Comisión Europea a España que entende que a ampliación da concesión por 60 anos non cumpre coa normativa. O Supremo fallou a favor da empresa pasteira rexeitando as dúas sentenzas da Audiencia Nacional presentadas polo Concello de Pontevedra e Greenpeace, validando a prórroga outorgada por Costas ata 2073. Pero o recurso da APDR é diferente aos presentados polo Concello e Greenpeace.

No seu día, Ence solicitou que se aplicase o mesmo veredicto ao litixio emprendido polo colectivo ecoloxista. Con todo, o alto tribunal desestimou esa solicitude e continuou a tramitación do procedemento de forma ordinaria, o que permitiu á APDR presentar recentemente un novo escrito de oposición fronte á permanencia da factoría. "Nese escrito de oposición xa facemos referencia ao feito de que se está incumprindo a Directiva Europea de Servizos" na adxudicación e ampliación de concesións, segundo explica Benito Andrade, representante da APDR, "é un feito que debe ter en conta o alto tribunal á hora de ditar a súa sentenza".

DITAME MOTIVADO A ESPAÑA

A APDR lembra que a Comisión Europea enviou a España un ditame motivado alertando de que pode incumprir esta Directiva de Servizos (Directiva 2006/123/CE) ao considerar que concesións na costa por 75 anos, como a concedida á factoría de Ence en 2016 para a súa permanencia en Lourizán, "infrinxen" as directivas europeas.

"O Tribunal Supremo ten que ditar sentenza de acordo con todos estes feitos", sinala Benito Andrade "e no caso de que non resolva isto irá ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea". Segundo informou o representante legal da APDR, Vicente Legísima, o avogado do Estado no recurso de casación, con data do 16 de xuño de 2024, presentou un escrito no que fai mención a esta situación da Comisión Europea que se debe ter en conta, e en todo caso, "se o considera o Tribunal Supremo pode presentar unha cuestión prejudicial en Europa".

Fábrica de Ence en Pontevedra / CHOU PESQUEIRA / Europa Press
Fábrica de Ence en Pontevedra / CHOU PESQUEIRA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta