Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2024 | Actualizada ás 11:14
As empresas galegas con 10 ou máis asalariados contan con 13.586 vacantes no terceiro trimestre de 2024, 21 máis que o mesmo período de 2023 e 1.624 máis que o segundo trimestre de 2024, segundo os datos que publica o Instituto Galego de Estatística (IGE) este venres.
No entanto, esta cifra de vacantes é inferior en 6.144 pesonas respecto das 19.730 que se chegaron a alcanzar durante o terceiro trimestre de 2022.
De total de vacantes, o 26,3% requirían titulación STEM (acrónimo de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas), cun total de 3.568, unha taxa que sobe un décima respecto ao mesmo trimestre de 2023.
As compañías con maior número de asalariados son as que teñen máis vacantes e as máis pequenas son as que teñen menos necesidade de cubrir postos vacantes.
No terceiro trimestre de 2024, o 19,1% das empresas con vacantes aínda tiñan sen cubrir as dos trimestres anterior. O motivo máis indicado como causante é a falta de persoas con formación adecuada (38%), 10 puntos máis que no mesmo trimestre de 2023.
Pola súa banda, o principal motivo que aducen as empresas para non ter vacantes é que "non se necesita ningunha persoa máis", o que superou o 81% no terceiro trimestre de 2024.
A percepción nas empresas galegas de servizos da situación empresarial mantense en valores positivos no catro últimos trimestres. O mesmo ocorre coa percepción da evolución da demanda de servizos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.