A misteriosa inscrición da Ermida do Monte Pindo

Aparecen novos restos da inscrición que a Asociación Monte Pindo Parque Natural deu a coñecer en 2011 dunha capela da que xa se ten constancia no 830.

Por Galicia Confidencial | Carnota | 05/02/2016 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

O Monte Pindo non para de revelar os seus segredos ocultos. O último, o descubrimento de novas inscricións na antiga ermida que ser erixe aos pes da Moa, no curuto do monte.  Esta inscrición xa fora dada a coñecer pola Asociación Monte Pindo Parque Natural en 2011, pero agora, apareceron novos restos ocultos tras a actuación nela dun particular que está sendo moi criticada nas redes sociais.

Novos restos da inscrición que apareceu na ermida do Monte Pindo
Novos restos da inscrición que apareceu na ermida do Monte Pindo | Fonte: FB Arqueoloxía de Galicia

Xa entón, os investigadores non se puxeron de acordo sobre se a lenda descuberta nunha pedra podería tratarse da inscrición fundacional da capela do Monte Pindo ou ben dunha posterior remodelación. A alusión máis antiga dunha edificación relixiosa no Monte Pindo data do ano 830. Durante o seu reinado, Afonso II de Oviedo (rei de Galicia) encomendoulle ao Abade Tructinio unha relación das igrexas do seu reino. Neste documento aparece “in Carnota ecclesia Pintani in Sentes”: A igrexa da Moa.

Moitos rexistros da época tamén testemuñan o papel do Monte Pindo: “In Carinota cum suo monte sacro” (Celanova, 942) tamén deixa lugar a poucas dúbidas: non só aparece nos documentos relixiosos da época, senón que xa se referían a el como montaña sagrada.

Restos da Ermida do Monte Pindo
Restos da Ermida do Monte Pindo | Fonte: QPC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta