Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2024 | Actualizada ás 17:20
Un operario resultou ferido tras precipitarse desde unha máquina elevadora e caer sobre unha estada a uns dous metros de altura no municipio coruñés de Corcubión.
Segundo fontes consultadas por Europa Press, o accidente ocorreu sobre as 10.00 horas deste luns na Praza de José Carreira. As primeiras hipóteses apuntan a que o chan onde estaba apoiada a máquina cedeu, o que provocou que o traballador se desequilibrará e caese.
Ata o lugar, mobilizados polo 112 Galicia, desprazáronse profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, efectivos dos Bombeiros de Cee, axentes da Garda Civil e membros de Protección Civil de Corcubión.
O traballador foi trasladado en ambulancia polos servizos sanitarios ao centro sanitario de referencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.