Por que non vai Ánxela Bugallo nas listas?

As razóns deunas na Asamblea comarcal do BNG de Compostela Anxo Louzao, membro da UPG e secretario nacional de CIG-Ensino...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 09/01/2009 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

a) que cesara a Carlos Amoedo (ex secretario xeral de Cultura) sen o visto e prace da Executiva;

b) que aprobara a posta en marcha da Fundación Cidade da Cultura, "que vai en contra dos fundamentos do BNG", e;

c) que o número de votos que recibiu na anterior asamblea comarcal (a que se celebrara para aportar nomes para as listas) fora moi inferior aos de Ana Belén Pontón.

Fontes quintanistas consultadas apuntan que estas razóns teñen pouco peso argumentativo e apuntan as razóns:

a) Francisco Jorquera informou nun Consello Nacional que a Executiva tiña evaluado o cese de Amoedo. Así acordaron que este cese non seguiu os estatutos do BNG pero aceptaron as explicacións de Bugallo sobre o feito. Nesa xuntanza tamén recoñeceron o traballo de Amoedo na consellería;

b)  que a Fundación Cidade da Cultura foi unha imposición da parte socialista do bipartito, aceptada polo BNG no Consello da Xunta;

c) que, efectivamente, na asamblea anterior, Bugallo recibiu menos votos que Pontón (44 fronte a 150) pero porque os militantes da UPG romperon un "pacto non escrito" segundo o cal os dous sectores (quintanistas e UPG) ían votar cada un a lista presentada polo outro. "E no caso de Bugallo, curiosamente, non foi así. Por iso utilizan agora ese argumento", apuntan.

Dende a UPG aclaran que "hai quen quere ver pantasmas onde non as hai" e aseguran que a non presencia de Bugallo nas listas é cousa de todo o BNG incluído os quintanistas e o propio Quintana.

En todo caso, na xuntanza do pasado mércores en Compostela prosperou a lista presentada pola Executiva (e na que figura Pontón como número dous) con 125 votos a favor, 25 en contra e 4 abstencións. "Ao final moito protestar pero votaron a mesma lista que nos", din dende o partido hexemónico do BNG. E é que a pesar das críticas feitas por algúns quintanistas, ao final, este sector acabou apostando pola proposta oficial. "O descontento é evidente, hai xente que non foi a esta xuntanza e, dos que foron, moitos votaron a favor pero outros fixerono en contra e outros abstiveronse", argumentan dende o quintanismo. Tamén houbo votos contrarios á lista oficial por parte do MpB e dos irmandiños.

Coruña e Ourense

E se hai descontento entre o quintanismo en Santiago, tamén o hai entre a UPG na Coruña. Nesta comarca, representantes deste partido amosaronse moi críticos coa presenza da directora Xeral do Servizo de Igualdade, Ana Bouzas, no número catro, aínda que ao final, e tal e como aconteceu en Compostela, votaron a favor da proposta da Executiva. O nome de Bouzas foi manexado por Quintana para situala como número dous da candidatura, pero finalmente, os apoios recibidos por Pontón e a presión da UPG fixeron imposible esta estratexia.

E a pesar de haber certo consenso en Lugo e Ourense entre o quintanismo e a UPG, o certo é que na asamblea comarcal de Ourense, houbo un amplio sector, fundamentalmente dos Irmandiños, que votaron en contra da proposta oficial da Executiva que sitúa a Alfredo Suárez Canal como número 1, a Tereixa Paz no 2 e a Iago Tabarés no 3. Esta candidatura recibiu 76 votos a favor, 30 en contra e 10 abstencións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 91 comentarios

36 Ton

Lalo, coido que flipas un pouco nas túas conclusións. As premisas erran xa que podería ter exército de seu e ser muller. Non se saberá ata máis adiante o que realmente pasou no caso Bugallo, o tema do seu look persoal, a súa relación, a fundación con capital privado, o que Quintana deixou facer, o que a UPG requiriu e demais. Non vemos a Lobeira quen de levar unha Consellería. Non é nin capaz de ofrecer á cidadanía un porte e unha imaxe propia dun deputado autonómico. Con Losada si que se perdeu un bo peón que lle facía moi ben o traballo ideolóxico a Quintana. Non sei cómo resolverá o sustituto Pérez-Lema.

35 anonimo

Pregunta a Mucha Fabeiro ¿ti non cres que está mal botar a calquera alto cargo, sexa do partido que sexa, rematada a Lexislatura?. Non ten nada que ver con quen se deite a Bugallo ou outra muller, o machismo do que falas e un complexo que non acabades de solucionar as mulleres.
O que hay que mirar e polo país galego e non por home ou muller que nos cae millor ou pior. Os personalismos son aparte.
Cando marchou LOSADA (Secretario de Presidencia)alguén ergueo a voz? NON. Porque o tal Losada arrasaba con todo. Está ben que se faga co Gaiás igual que se fixo cas autoestradas?. As empresas de bo rendemento dáselles aos amigos do PP e do PSOE e o ESTADO queda cas ruinosas. VIVA GALIZA.

34 anónimo

Home, formado e culto é, non? quixera ver o seu curriculum e historial académico para cerciorarme

33 Esmendréllome

O próximo conselleiro de cultura vai ser Bieito Lobeira. Indiscutible. 8)

32 tinto

O BNG perde parte so seu atractivo electoral sen Ánxela Bugallo. Para min os outros partidos xa non teñen atractivo dende hai moito tempo.